Equipo de traballo

A Área de Dinamización de Reverso SL conta cun equipo fixo de profesionais cunha alta cualificación, tanto a nivel teórico coma práctico, en materia de sociolingüística, pedagoxía e animación sociocultural. Asemade atesoura unha ampla experiencia no labor dinamizador na administración local e universitaria, así como en asociacións empresariais.

A liña de servizos da Área de Dinamización de Reverso SL diríxese, nomeadamente, a clientes como a administración (estatal, autonómica e local), bibliotecas, asociacións culturais, centros de ensino, cámaras de comercio e empresas de todo tipo.

A filosofía de traballo da Área é a da estreita colaboración co cliente no deseño das intervencións sociolingüísticas demandadas, co fin de facer as adaptacións e modificacións precisas para a plena efectividade das medidas normalizadoras e a plena satisfacción deste.



 
 
      © by Abertal